Thursday 25 de April de 2024

O Concello de Miño comeza a construción dun corredor peonil en Viadeiro (Castro) para a seguridade de veciños e peregrinos


Terá máis de 300 metros de lonxitude e tamén comunicará o local social co núcleo de Viadeiro.
O Concello de Miño iniciou hoxe os traballos para mellorar a seguridade dos viandantes entre o núcleo de Outeiro e Viadeiro, na parroquia de Castro, mediante a creación dun corredor peonil de máis de 300 metros de lonxitude paralelo a estrada, por onde transcorre o Camiño Inglés.
Este corredor servirá para que os veciños poidan pasear con seguridade entre ambos núcleos, e comunicar o local Social co núcleo de Viadeiro.
Para a realización desta obra o Concello de Miño tramitou unha axuda aberta da Consellería de Cultura e Turismo para a mellora paisaxística no Camiño de Santiago, onde resultou beneficiado xunto a outros catro Concellos do Camiño Inglés.
A obra limitará a zona peonil, canaliza as augas de pluviais e coloca un borde de seguridade para os viandantes.